Commons:Language policy/gl

Shortcuts: COM:LP COM:LANG COM:NAME

Wikimedia Commons é un proxecto multilingue. Esta páxina contén a política do proxecto sobre como se usa o contido multilingue, e que contodo debe estar en cada idioma. Para o proceso técnico de adaptación consulta Commons:Localization.

  • As descricións nas galerías, categorías e páxinas de descrición das imaxes poden estar en calquera idioma e debe engadirse en múltiples idiomas. Recoméndase o uso de modelos de idioma para reducir a cantidade de información innecesaria e conseguir unha presentación máis ordeada.
  • Os nomes das galerías xeralmente deben escribirse no idioma local. Consulta Commons:Galerías para a política exacta.
  • Os nomes das categorías deben xeralmente estar en inglés, exceptuando algúns nomes propios, grupos taxonómicos e termos que non teñen un equivalente exanto en inglés. Para coñecer a norma exacta consulta Commons:Categorías.
  • Os nomes do Creador deben estar na forma máis comunmente usada na literatura inglesa.
  • Os ficheiros poden nomearse en calqueira idioma. O nome do ficheiro debería ser descritivo. Consulta Commons:Tipos de ficheiros para a política exacta.
  • Os modelos poden escrbirse en calquera idioma. Cando o texto dun modelo está dispoñible en múltiples linguas, a versión en inglés é a oficial e na que deben basearse as versións noutros idiomas.
  • As políticas e guías están escritas en inglés e traducidas a outros idiomas. A versión en inglés da política ou guía é a oficial e na que deben basearse as versións noutras linguas.

Historia

A proposta de 2009 que levou a esta política de idiomas foi traducida a varios idiomas como Commons:Sproche, Commons:Politikerezh yezh, Commons:Convencions de noms (idioma), Commons:Sprooch, Commons:Convencions de nomenatge (lenga), Commons:Języki, Commons:Política de línguas e Commons:语言政策.

Vexa tamén

Category:Commons policies/gl Category:Wikimedia multilingualism
Category:Commons policies/gl Category:Wikimedia multilingualism