PHP/strncmp()

PHP
Volver a strlen() strncmp() Seguir con time()

A función strncmp() compara os primeiros x caracteres de dúas cadeas.

Descrición

int strncmp ( string $cadea1 , string $cadea2 , int $lonxitude )

A función é similar a strcmp(), coa diferencia de que permite establecer unha cantidade máxima de caracteres de cada cadea a comparar.

Cómpre ter en conta que a comparación distingue minúsuculas de maiúsculas.

Valores devoltos

Devolve un valor negativo se cadea1 vai antes que cadea2, maior que 0 se cadea2 vai antes que cadea1, ou 0 se os caracteres comparados son idénticos.

PHP
Volver a strlen() strncmp() Seguir con time()
Categoría:PHP#API
Categoría:PHP Categoría:Páginas que usam atributos ''enclose'' descontinuados Categoría:Páginas que usam etiquetas ''source'' descontinuadas