C++/Instrucións de control

C++
Instrucións de control

return

A sentenza de devolución pon fin á execución da función na que aparece, e pásalle un valor á función que chamou á función da que se executa a sentenza. O tipo de dato devolto debe ir acorde ao que a función indica que vai devolver na súa definición.

Por suposto, pode que haxa varias partes dunha función nas que cómpre rematar a execución do programa. Un programa pode ter para iso varias sentenzas de devolución. Pero todas elas deben devolver un valor do tipo definido para a función na que aparecen.

C++
Instrucións de control
Categoría:C++
Categoría:C++ Categoría:Páginas que usam atributos ''enclose'' descontinuados